26 de janeiro de 2010

Acto de GAS em Vigo e Concerto de Galiza nom se vende em Cangas: Preparando a grande mobilizaçom Nacional do 21 de Março de Galiza nom se vende


O Grupo de Axitación Social (GAS) organiza umha serie de actos, que tenhem como temática geral a questom meio-ambiental, no CS A Cova dos ratos em Vigo.

Galiza Nom Se Vende
sae de novo à rua coa II Caravana de concertos e atividades por cidades e vilas galegas.
.
.
.
.

CANGAS DO MORRAZO:

Sábado 6 de Marzo:
Ás 21:00 h. no Centro Social A Tiradoura

Agardámosvos a tod@s!!!

Actuarán:

* Selegal Música tradidicional africana
* Lost Name Rap
* Codia e Miolo Teatro humorístico
* Chacarrandaina Música tradicional galega

* O neto de Manoel ….

Esta Caravana rematará o 21 de Março, cumha grande manifestaçom nacional em Compostela em defesa do território (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais tod@s). Porque sem território nom há vida, nom há cultura, nom há música, nom há nada.

  • SALVEMOS A COSTA, NON AO PLAN DO LITORAL
  • POR UNHA ORDENACIÓN RACIONAL DO TERRITORIO
  • POLA DEFENSA DOS SECTORES PRIMARIOS: SOBERANIA ALIMENTARIA E ENERXÉTICA
  • POR OUTRO MODELO DE TRANSPORTE

Governe quen governe Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod*s

15 de janeiro de 2010

Governe quem governe, a língua nom se vende

O colectivo Galiza Nom Se Vende ao que pertence AMAL, fixo público um manifesto onde criticam o borrador do decreto do galego no ensino presentado polo Governo o passado dia 30 de Dezembro.

GZ nom se vende mostrou o seu "pleno apoio á manifestaçom em reivindicaçom dum ensino em galego" que se desenvolverá a vindoira Quinta-Féira em Compostela (partirá às 12h da Alameda), coincidindo com a folga no ensino convocada por diversas organizaçons para esse dia.


MANIFESTO EN DEFENSA DA LINGUA DE GALIZA NOM SE VENDE:

GOBERNE QUEN GOBERNE, A LINGUA NON SE VENDE

Dende Galiza Non Se Vende queremos manifestar a nosa total oposición ao decreto do galego no ensino do PP, pois constitúe un atentado á lingua galega e, polo tanto, un atentado á cultura e á identidade de Galicia.

Non podemos admitir un decreto que pretende lexitimar o abandono da lingua polos poderes públicos e interromper a súa transmisión interxeracional. Non podemos consentir que se menoscabe o dereito dos galegofalantes a usar, conservar e transmitir a lingua propia como legado, e que se impida a normalización do seu uso polo resto da poboación. Non podemos tolerar que a miseria intelectual, a inconsciencia e a insensibilidade dos que se avergoñan de seren galegos sirvan como xustificación espuria dunha pretendida liberdade para destruir unha lingua que é o noso máis prezado patrimonio cultural e un valioso patrimonio da humanidade.

O decreto que nos ocupa, igual que outras disposicións legais, que non lexítimas, revela o absoluto descoñecemento da realidade do noso país, e o desprezo da nosa cultura, por parte de quen nos goberna.

A incesante presión socio-político-económica sobre a nosa terra ao longo da historia colocou a nosa lingua nunha posición de desvantaxe que pode provocar a súa desaparición, e que é preciso neutralizar con medidas de protección eficaces. Pero ningún dos gobernos que sufrimos tivo nunca unha intención clara de facer do galego a lingua vehicular do ensino, único camiño viable para a súa normalización. Non recoñecer este feito, e adoptar unha postura contraria, converte ao goberno da Xunta en promotor da desaparición da lingua galega.

Os membros dos máis de sesenta colectivos que formamos GNSV somos conscientes da nosa identidade. Sabemos que o noso medio natural é único e valioso, nin máis nin menos que calquera outro do planeta, pero é o noso, non porque o posuamos, senón porque a él pertencemos. Tamén sabemos que a lingua galega é tan só, pero nada menos que, unha das linguas do mundo; unha obra colectiva do noso pobo ao longo da historia; nin mellor ni peor que outras, pero é a nosa; o medio co que construimos o noso pensamento, e a máis valiosa aportación de Galicia ao patrimonio cultural da humanidade. Debemos estar lexítimamente orgullosos desta nosa herdanza, e non podemos consentir que sexa neciamente desprezada, nin irresponsablemente destruida.

Defendemos a Terra e, polo tanto, a biodiversidade. Polo mesmo, defendemos a diversidade cultural que permitiu ao ser humano adaptarse á biosfera e, polo tanto, defendemos a nosa cultura e a nosa lingua.

Terra, cultura e lingua van da man. Destruir a nosa terra é destruir a nosa cultura, ao facer desaparecer o seu soporte material. Destruir a nosa terra é destruir a nosa lingua, ao facer desaparecer os lugares que nomea, as actividades que describe, a memoria que ela guarda e lembra. Destruir a nosa lingua é deixar á nosa terra orfa de nomes, valeira de significado, carente de memoria cultural, desprotexida.

Temos a responsabilidade de defender o noso medio natural e, polo tanto, o noso patrimonio cultural identitario, e o noso idioma, e de preservalos para as xeracións vindeiras. Igual que non consentimos a destrución nin a privatización do noso territorio nin do noso mar, non imos consentir ningunha agresión máis á nosa lingua.

Dende GNSV, rede participativa, non xerárquica, apartidaria, aberta a toda a sociedade, consideramos que a defensa da riqueza linguística e da cultura do noso País fai necesario e inevitable o estricto incumprimento deste malfadado decreto do galego no ensino.

Por todo o devandito, mostramos o noso pleno apoio á manifestación en reinvindicación dun ensino en galego que, convocada por diversas organizacións, terá lugar o día 21 de Xaneiro, e partirá ás 12:00 h da Alameda de Compostela.


Goberne quen goberne, A LINGUA NON SE VENDE!

13 de janeiro de 2010

Home

1ª PARTE. Onde se explica as origens da terra:

2ª PARTE. Onde se explica as origens da vida na terra:

3ª PARTE. Onde se explica as origens do ser humano e o modo de vida sustentável no que vivem ainda milhons de pesoas no mundo:

4ª PARTE. Onde se explica a era do petroleo, o abandono do rural e a insustentavilidade do sistema capitalista:

5ª PARTE. Onde se explica a irracionalidade do modelo de movilidade que potencia o capitalismo e a explotaçom industrial dos oceanos:

6ª PARTE. Onde se explica o uso irracional da auga no planeta:

7ª PARTE. Onde se explica a deflorestaçom dos bosques que favorece o cambio climático:

8ª PARTE. Onde se explica o que significa a eucaliptizaçom, o monocultivo em geral, e as enormes desigualdades sociais relacionadas co modelo de desenvolvimento capitalista:



Podes ver o documentario enteiro en castelhano clicando aquí

X Acampamento de Verao

Como todos os últimos fins de semana do verao, reunimo-nos num par de jornadas de convívio, caminhadas, lezer e conversa, que servirá...