AMAL está a participar numha campana na comarca de Ferrol com respeito à oposiçom à mina de Pico Velho. Neste link está todo explicado:
http://picovello.blogspot.com/2010/06/unha-ciberaccion-en-defensa-da-fraga-de.html
Reproduzimos aquí a ciberacçom que se está a levar a cabo:
Ciberacción contra mina de andalucita en Pico Velho
Diferentes colectivos galegos, co respaldo da asociación alemana Rettet den Regenwald (www.salvalaselva.org), iniciaron unha nova acción de protesta o luns 7 de xuño para esixir a paralización do proxecto da mina de andalucita no lugar de Pico Vello (As Pontes de García Rodríguez). Baixo o lema: SOS para os montes galegos: Non á mina en Pico Vello, esta iniciativa insta a todas aquelas persoas preocupadas pola preservación da zona a que envíen unha carta vía email a diferentes organismos da Administración Pública. Tres días máis tarde de iniciar a ciberacción, xa apoiaron esta iniciativa máis de 1.800 persoas.

Dende a aprobación da Declaración de Impacto Ambiental para o proxecto de explotación mineira da concesión Sonsolves IV 6156.1, na Parroquia de Goente, concello de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Picobello Andalucita, S.L., numerosos colectivos (Agrupaçom de Montanha Águas Limpas AMAL, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA, Club de Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Néboa, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural SGHN e Verdegaia) fixeron público o seu rexeitamente ao proxecto e puxeron en marcha diferentes iniciativas (denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente polas irregularidades no proxecto, un roteiro pola zona, unha carla en A Capela sobre as afeccións posibles da mina ao ecosistema, reunións cos alcaldes dos concellos afectados, etc).
As cartas de protesta da ciberacción están sendo dirixidadas ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Economía e Industria, ao Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, ao Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, á Presidenta de Augas de Galicia, ao Conselleiro do Medio Rural, ao Director Xeral de Conservación da Natureza e ao Alcalde Concello de As Pontes de García Rodríguez.
Na carta que se dirixe ás autoridades faise constar que o xacemento está na zona do Pico Vello, lindante co Parque Natural Fragas do Eume, e constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros. O monte Fontardión, ao pé do cal se atopa Pico Vello, constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Non hai que esquecer que o proxecto afectaría tamén ó Parque Natural Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do río Eume, principal cauce que percorre o Parque Natural, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviacións, escorreduras, etc. No informe de avaliación ambiental non se detallan as repercusións negativas derivadas da execución do proxecto sobre o Parque Natural situado a tan só 50 metros de distancia da zona da extracción, sendo a franxa de amortecemento insuficiente para librarlo das afeccións causadas pola contaminación da mina.
Autorizar esta explotación provocaría, tal é como se lle fai saber aos diferentes organismos, a eliminación definitiva e irreversible dunha da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra a unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.
Todas as persoa que o desexen poden participar na ciberacción dende o enlace: http://www.salvalaselva.org/. Só teñen que encher un breve formulario e as cartas envíanse automáticamente.
Máis información:
ADEGA (Ernesto Lópes. T. 649 779 774)
SGHN (Manuel Arzúa. T. 667 044 296)
VERDEGAIA (Mónica Arto T. 691 527 277)