O vindeiro sábado día 25 de Abril, a partir das 10:30 da mañá, as asociacións culturais O Fervedoiro e Ken Keirades (de Cuntis e A Estrada, respectivamente) coa colaboraçom da Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (AMAL), levaremos a cabo o roteiro de sendeirismo que conxuntamente organizamos.
Cunha duración de 5 horas, a saída e a chegada será no entorno próximo á capela da Anllada. Ademais de pór en valor o entorno natural e arqueolóxico da zona (Monte Caeiro) pretende, igualmente ir máis aló, reivindicando a situación de espolio enerxético que se está a sufrir, e en particular no devandito promontorio montañoso coa instalación dunha primeira fase do que ha ser o parque eólico Monte de Arca, do cal dous aeroxeradores están ergueitos na zona pola cal transcorre o percorrido.
A finalidade do roteiro en si e a de coñecer unha primeira zona de carballeira autóctona, coa seguinte subida ao cumio do monte, onde xa poderemos albiscar os grandes monstros de ferro que enturban a fermosura da paisaxe. Xa no alto do monte o roteiro levaranos á área coñecida co nome da Lagoa de Zo, que ademais dun rico folclore conta coa presenza de varios monumentos arqueolóxicos englobados nun campo de mámoas. Ao pé dos titáns de ferro despregarase unha pancarta reivindicativa, e a continuarmos a nosa ruta dirixirémonos á zona coñecida como do embalse, onde xantaremos (cadaquén deberá levar o que quixer). Logo de collermos forza e descansar un pouco, dirixirémonos cara ao Castro de Arcos, onde disporemos dunhas incríbeis vistas panorámicas que alcanzan a Ría de Arousa.

Para rematar, descenderemos polo lugar de Arcos de Arriba e de aí ao inicio desta camiñata.
Coa organización conxunta deste roteiro queremos pór en valor o patrimonio natural da contorna e reivindicar que a terra segue a ser nosa e non do capital especulador, que enche o peto duns poucos pondo en risco o patrimonio natural e os recursos que son de todos e todas!